O Arxil vence o Ponce Valladolid e empeza a mirar cara arriba na LF2 (68-60)
Por Redacción & Cristina Saiz
O Club Baloncesto Arxil empeza a mirar cara arriba na Liga Feminina 2 superado un duro inicio de competición.
O conxunto pontevedrés sumou este sábado o seu segundo triunfo consecutivo superando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o Ponce Valladolid (68-60) e empata no cuarto posto da clasificación.
Non era un compromiso sinxelo para as de Mayte Méndez, pois o seu rival chegaba á cita encadeando tres vitorias seguidas, pero as verdes tomaron desde o inicio a iniciativa nun solvente primeiro cuarto.
Con Forster pechando o rebote (sumou 6 no primeiro cuarto) e un xogo ofensivo moi repatido o Arxil foise aos dez de distancia no primeiro parcial (22-12).
O marcador mantívose nun igualado segundo cuarto, para chegar ao descanso cun cómodo 41-31.
O duelo estaba onde querían as locais, pero o Ponce Valladolid reaccionou tras o descanso para empatar a contenda (52-52) baixo a batuta da dominicana Yohana Morton (19 puntos) cun Arxil que se sostiña coa achega ofensiva de Nerea Liste pero ao que lle estaba constando ver aro con facilidade.
Así se chegou aos dez e decisivos últimos minutos, onde as pontevedresas recuperaron sensacións para evitar a remontada. Glomazic e Forster anotaron nos primeiros instantes para tomar de novo vantaxe e xa non soltala ata o final cunha férrea defensa.
Consulta aquí a acta do partido entre CB Arxil e Ponce Valladolid.
Relacionadas:
-
O Arxil segue imparable e suma en Tenerife o seu sexto triunfo consecutivo (67-85)
Por Redacción |
-
Quinta seguida do Arxil vencendo o ADBA no CGTD (57-50)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Traballado triunfo do Arxil ante o Magec Tías (61-70)
Por Redacción |
-
Exhibición do Arxil para romper a serie do Maristas Coruña (80-56)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil convoca eleccións á presidencia do club
Por Redacción |
-
O Arxil apraza o seu partido contra o GEiEG coincidindo coa convocatoria internacional de Nena Trajchevska
Por Redacción |
-
Nerea Liste, unha MVP de 40 para o Arxil
Por Redacción |
-
Nerea Liste e Marta Fernández lideran a vitoria do Arxil ante o Barna (58-71)
Por Redacción |
-
O Arxil toca teito con 18 equipos federados no club
Por Redacción |
-
Derrota amarga do Arxil ante o Segle XXI (64-77)
Por Redacción & Cristina Saiz |