O Arxil apraza o seu partido contra o GEiEG coincidindo coa convocatoria internacional de Nena Trajchevska
Por Redacción
Descanso para o Club Baloncesto Arxil, que aprazou ata o 17 de novembro a súa próxima xornada de competición na Liga Feminina 2.
O club pontevedrés, que perdía esta semana á macedonia Nena Trajchevska por estar convocada pola súa selección nacional, chegou a un acordo co GEiEG catalán para trasladar o seu encontro ao 17 de decembro, en Xirona (16.00 horas).
Este cambio obrigará a un gran esforzo ao plantel arxilista, debido a que deberán afrontar dous encontros con apenas 24 horas de diferenza, xa que o 16 de decembro visitará o UE Mataró.
En canto a Trajchevska, capitá do seu equipo nacional, foi convocada para disputar dous encontros de clasificación para o Preolímpico, nos que Macedonia medirase a Portugal (9 novembro en Matosiños) e a Serbia (12 de novembro en Skopje).
Relacionadas:
-
Quinta seguida do Arxil vencendo o ADBA no CGTD (57-50)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Exhibición do Arxil para romper a serie do Maristas Coruña (80-56)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Arxil convoca eleccións á presidencia do club
Por Redacción |
-
O Arxil vence o Ponce Valladolid e empeza a mirar cara arriba na LF2 (68-60)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Nerea Liste, unha MVP de 40 para o Arxil
Por Redacción |
-
Nerea Liste e Marta Fernández lideran a vitoria do Arxil ante o Barna (58-71)
Por Redacción |
-
O Arxil toca teito con 18 equipos federados no club
Por Redacción |