O Marín Futsal prolonga o seu mal momento con derrota ante o Les Corts (3-6)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Nova derrota do Marín Futsal diante da súa afección. O equipo adestrado por Ramiro Díaz recibiu este sábado ao Mamuts Les Corts en busca de acabar coa súa mala serie e empezar a rascar puntos para saír da zona vermella da táboa, pero no canto diso, caeu goleado por 3-6 confirmando o seu mal momento.
O primeiro gol da tarde chegou aos once minutos de xogo tras unha mala saída de balón das marinense. Martita roubou a cartilla ao seu par, plantouse diante de Patri Arruti e abriu á esquerda á exvermellaLuci para que subise o 0-1 ao marcador.
Pero pouco durou a alegría ao conxunto visitante, que viu como desde a pena máxima, xusto un minuto despois, o Marín Futsal devolvía as táboas ao marcador por medio de Carol.
Tras o paso polos vestiarios chegou o aluvión de goles. Aos cinco minutos da segunda parte, de novo nun roubo na saída das marinenses, Laura Oliva fíxose co esférico, cedeu a Martita, e esta bateu por baixo a Patri Arruti, adiantando de novo a Les Corts.
Sen dar tregua algunha, o Marín Futsal volveu reaccionar ao momento. María Estévez viu a Lysa desmarcada, enviou o coiro co exterior, e a 20, sen apenas oposición, anotou o 2-2 a 13 minutos para a conclusión.
O terceiro tanto do segundo tempo chegou apenas uns segundos despois. Martita recibiu de costas, foise de Ana Cunha e de disparo cruzado fixo o 2-3.
Tentou unha vez máis voltear o resultado o equipo da Raña, pero a oito do final, Luci deixou o encontro practicamente sentenciado. Laura Torres recuperou a posesión para as súas, pasou á ex conserveira, e esta picouna ante a saída de Patri Arruti, que nada puido facer para evitar que o 2-4 subise ao marcador.
Optou polo xogo de cinco Ramiro Díaz con Débora Lavrador como porteira xogadora, e nun erro no pase do Luci Gómez dentro da área, a portuguesa meteu o pé o xusto para enviar o balón ao interior da portería e recortar diferenzas.
E ata aí chegou o intento de reacción do Marín Futsal, que se viu condenando na recta final por senllos contragolpes dun Les Corts que aproveitou a ausencia de gardameta local para asinar a goleada.
Primeiro Laura Torres anotou o 3-5 axudada pola xogadora marinense Carolina Bravo, e xa sobre a bucina, Luci Gómez redondeou a goleada facendo un hat-trick que significou o 3-6 co que concluíu o encontro.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Ocasións sen recompensa para o Marín Futsal ante o Viaxes Amarelle (3-1)
Por Almu Dapena |
-
Derrota fronte ao Rayo Majadahonda e susto na Raña, con Patri evacuada en ambulancia
Por Diego Espiño |
-
O Marín Futsal dá a sorpresa en Móstoles (1-6)
Por Redacción |
-
Set en branco do Burela ao Marín Futsal
Por Redacción |
-
Empate contra o FSF Castro dun Marín Futsal que non termina de carburar (3-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Derrota do Marín Futsal fronte o Les Corts para dicir adeus á Copa da Raíña (1-3)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal sálvase dunha maior goleada contra o Alcorcón (4-1)
Por Redacción |