Ocasións sen recompensa para o Marín Futsal ante o Viaxes Amarelle (3-1)
Por Almu Dapena
O Marín Futsal segue en postos críticos tras caer este sábado ante o Viaxes Amarelle. O equipo adestrado por Ramiro Díaz tivo numerosas opcións para igualar o encontro e mereceu moito máis a pesar de ir sempre a remolque no marcador.
Saltou o cadro marinense á cancha coa idea de realizar unha alta presión para provocar o roubo en campo contrario e xerar así perigo en portería rival, logrando desta forma gozar das primeiras opcións de gol. Primeiro tentouno María Estévez, despois Débora e por último Pedreira, pero todas elas desbaratounas Leti Rojo.
Con todo, a pesar de que foi o Marín Futsal o que chegou con maior claridade durante os instantes iniciais, foi o Viaxes Amarelle o que se adiantou no marcador. Roubo no medio da pista e acción de contragolpe, Carol sacou un forte pase desde o á dereita e Pau, que estaba no segundo pau, só tivo que meter a perna para subir o 1-0. Corría o minuto seis de xogo.
Despois do tanto se creceu o cadro local, que gañou confianza para asediar a portería dunha Ana Pinto que se tiña que esforzar baixo paus para evitar unha maior goleada.
Parou o tempo Ramiro Díaz a falta de pouco máis de 11 minutos para o descanso e xusto na primeira acción tras o tempo morto, noutra perda de Marín en campo propio, Lau Doce volveu castigalas enchufando o 2-0.
Parecía que o gol ía deixar tocado ao equipo visitante pero ocorreu todo o contrario e gozou dunha dobre ocasión coa que puido recortar diferenzas. Ana Cunha xutou ao pau e, no rebote, o disparo de Débora de socato desviouno Leti Rojo a saque de esquina.
Seguiu o Marín Futsal en procura do seu primeiro tanto e tivo de indirecto a última clara ocasión antes de alcanzar o descanso. Unha xogadora do Amarelle tocou o esférico coa man dentro da área pero o balón chegou de rebote, o colexiado pitou libre indirecto e o chute das visitantes volveu desbaratar a gardameta local.
Co 2-0 comezou o segundo tempo, as de Ramiro Díaz necesitaban unha reacción urxente e volveron optar por unha forte presión ás xogadores rivais. E tras moito insistir con roubo e envío á pivot, as marinenses atoparon o premio por medio de Inés Mayán, que reduciu diferenzas cun potente chute.
veu arriba o cadro pontevedrés despois do tanto e disputaron os seus mellores minutos ata o momento, acumulando ocasión tras ocasión. Con todo, nunha xogada illada a balón parado, Cris subiu o 3-1 ao luminoso, obrigando ao equipo rival a atacar o últimos oito minutos de partido con cinco xogadoras.
O acoso visitante non tivo descanso pero foron as da Coruña as que puideron sentenciar con senllos disparos de María León e Elia desde campo propio e a portería baleira, pero ambos os intentos fóronse rozando o pau.
Faltaba moito por disputarse pero a reacción non chegou, o Amarelle aguantou realizando un bo traballo defensivo e o encontro concluíu nun 3-1 que mantén ao Marín Futsal en postos delicados.
Antes do partido gardouse un minuto de silencio polos dos menores falecidos no accidente de tráfico de Marín.
Relacionadas:
-
Gislaine Ribeiro 'Giba', segunda fichaxe de inverno do Marín Futsal
Por Redacción |
-
O Marín Futsal refórzase coa internacional brasileira Gi Portes
Por Redacción |
-
Vacacións de Nadal como punto de inflexión para cambiar o rumbo en liga
Por Redacción |
-
Peche do ano con derrota en Ourense para o Marín Futsal (5-0)
Por Almu Dapena |
-
'Manita' do Poio Pescamar ao Marín Futsal no Derbi da Ría
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Un Derbi da Ría con dous equipos necesitados de puntuar
Por Redacción |
-
A Asociación de Xogadoras critica a falta de ambulancia medicalizada para atender a Patri na Raña
Por Diego Espiño |
-
Derrota fronte ao Rayo Majadahonda e susto na Raña, con Patri evacuada en ambulancia
Por Diego Espiño |
-
O Marín Futsal dá a sorpresa en Móstoles (1-6)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal prolonga o seu mal momento con derrota ante o Les Corts (3-6)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Set en branco do Burela ao Marín Futsal
Por Redacción |