Competición desestima o recurso do Pontevedra e confirma a tarxeta que viu Dalisson contra a Arandina
Por Diego Espiño
O Xuíz Único de Competición da Real Federación Española de Fútbol confirmou este mércores a tarxeta amarela vista por Dalisson de Almeida no transcurso do partido de liga fronte á Arandina en Pasarón.
O club granate presentara un recurso solicitando a anulación da amoestación ao entender que non existía contacto algún na entrada que supuxo a tarxeta.
A entidade pontevedresa alegou, segundo explica a resolución de Competición, que o vídeo achegado no recurso constataba "a existencia dun erro material manifesto" por parte do colexiado do encontro que "desvirtúa a presunción de veracidade da acta arbitral".
Con todo non o entendeu así o Xuíz Único, explicando no seu escrito "tras a observación detida da proba videográfica, non se pode chegar en absoluto á conclusión que se pretende, pois efectivamente as imaxes mostran que o xogador amoestado realiza unha entrada ao adversario e golpea co seu pé esquerdo no dereito do xogador rival. En definitiva, hai un contacto entre os pés de ambos os xogadores, sendo perfectamente verosímil o apreciado na devantita proba coa descrición efectuada polo árbitro na acta debendo confirmarse por tanto a amoestación que aquí foi obxecto de impugnación".
Trátase en todo caso da primeira amoestación que recibe esta tempada Dalisson, lonxe aínda dunha ameaza de sanción. Más preto están dela, con tres tarxetas, os xogadores Mario Gómez, Rufo e Chiqui.
Relacionadas:
-
Covadonga, o primeiro exame en céspede artificial: "Non vai cambiar a nosa idea pero si teremos que adaptala"
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa: "A sensación que hai é de moita seguridade"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recorre o cartón amarelo visto por Dalisson contra a Arandina
Por Diego Espiño |
-
Unha xeira sen derrotas que non se daba desde fai nove tempadas
Por Diego Espiño |
-
Promoción nas entradas para un decembro de derbis galegos en Pasarón
Por Redacción |
-
Yago Iglesias, tras o partido contra a Arandina: "É unha vitoria de mérito"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Rufo e Yelko sentencian á Arandina no primeiro tempo
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |