Yago Iglesias, tras o partido contra a Arandina: "É unha vitoria de mérito"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
Volveu cumprir esta fin de semana o Pontevedra Club de Fútbol para sumar tres puntos máis e seguir na pelexa polo liderado.
"Empezamos ben o partido", admite Yago Iglesias en relación ao envite contra a Arandina, "a primeira que tivemos foi dentro e salvo dúas ou tres erros individuais" non xerou máis perigo.
Con todo, para o técnico na segunda parte houbo cousas que mellorar. "Levamos o xogo a duelos individuais, pero hai que valorar positivamente os puntos. Non é fácil gañar", defende.
Iglesias cre que "na primeira parte o xogo desenvolveuse como queriamos, pero é moi difícil xerar esas ocasións, e na segunda, con campo aberto, temos dúas claras de Bastos que poden ser a sentenza".
"É unha vitoria de mérito", asegura, "é complicado gañar todas as fins de semana" e o Pontevedra está a conseguilo poña quen se poña por diante e a pesar da dificultade da categoría.
Neste sentido, o adestrador volve advertir: "queda moito". Con todo, esta foi "unha xornada boa", con picada do Zamora, que está segundo a tan só un punto, e cambio no liderado co Ourense de primeiro a dous puntos dos granates, por iso "é importante seguir con boas sensacións e seguir gañando".
En canto á repetición do mesmo once semana tras semana, Yago Iglesias asegura que é porque o equipo "está consistente e cómodo" e os xogadores que entran achegan ao xogo.
"Chegará o momento no que haxa cambios. Estamos a optar pola continuidade porque tamén cremos que os que están a xogar renden ben, coñécense mellor, e é importante que nos vaiamos coñecendo todos", explica.
Relacionadas:
-
Trompazo granate no campo do pechacancelas
Por Almu Dapena |
-
Covadonga, o primeiro exame en céspede artificial: "Non vai cambiar a nosa idea pero si teremos que adaptala"
Por Diego Espiño |
-
Competición desestima o recurso do Pontevedra e confirma a tarxeta que viu Dalisson contra a Arandina
Por Diego Espiño |
-
Edu Sousa: "A sensación que hai é de moita seguridade"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra recorre o cartón amarelo visto por Dalisson contra a Arandina
Por Diego Espiño |
-
Unha xeira sen derrotas que non se daba desde fai nove tempadas
Por Diego Espiño |
-
Promoción nas entradas para un decembro de derbis galegos en Pasarón
Por Redacción |
-
Rufo e Yelko sentencian á Arandina no primeiro tempo
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |