Un partido especial para o Waterpolo Pontevedra: "Imos ben pero está a liga moi igualada"
Por Diego Espiño
Marchan ben as cousas para o Club Waterpolo Pontevedra na súa segunda tempada na Primeira Nacional Feminina, pero o equipo pontevedrés quere máis.
"Hai que seguir traballando porque imos ben pero está a liga moi igualada", afirma o adestrador Kike García.
"Hai dúas semanas perdemos contra un equipo que non gañara aínda e o sábado gañámoslle ao único equipo que non perdera, co cal a igualdade xa se ve que é moita e ao final o que marca o gañar ou perder son detalles", explica o preparador.
Así, na cuarta posición da táboa, chegan a próxima fin de semana a un partido especial, o que lles medirá ao CW Turia o sábado 25 de novembro (16.00 horas) na Escola Naval Militar de Marín nun encontro no que se conmemorará o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
"Aproveitando que temos un equipo de referencia no waterpolo estatal queremos coa visibilidade que podamos apoiar a causa", sinalou respecto diso o presidente do Waterpolo Pontevedra, José Tellería.
Relacionadas:
-
Dura derrota para despedir o ano do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Un sábado frenético no Waterpolo Pontevedra para despedirse de 2023
Por Redacción |
-
Derrota do Waterpolo Pontevedra en Sevilla (13-9)
Por Redacción |
-
Derrota pola mínima do Waterpolo Pontevedra ante o Turia (12-13)
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra dá a sorpresa e supera o líder CN Vallirana nos penaltis (12-14)
Por Redacción |
-
Derrota clara do Waterpolo Pontevedra contra o Iruña (16-7)
Por Redacción |
-
O Waterpolo, un apoio para que Lois e Hugo combatan a enfermidade de Perthes
Por Redacción |