O Waterpolo, un apoio para que Lois e Hugo combatan a enfermidade de Perthes
Por Redacción
Hugo Couto Lois, de 9 anos, e Lois Castro González, de 8, teñen algo en común: a enfermidade de Legg-Calvé-Perthes, unha patoloxía infantil que afecta o movemento da cadeira.
Trátase dunha enfermidade rara, unha necrosis na cabeza do fémur causada pola falta de rega sanguínea, que afecta a 1 de cada 10.000 nenos e que se presenta normalmente entre os 3 e 12 anos.
O Perthes ten tratamento e no 80% dos casos o seu prognóstico é bo, pero provoca síntomas como a coxeira, rixidez da cadeira e restricións de movemento que en moitas ocasións fai que sexa necesario incluso o uso dunha cadeira de rodas durante a súa recuperación.
Foi o caso de Hugo, que empezou a mostrar síntomas aos 4 anos e que xa se atopa nunha fase avanzada de recuperación tras superar dúas operacións, e tamén é o caso de Lois.
A ambos os dous lles une o apoio recibido pola Asociación de Familias con Perthes (ASFAPE), pero tamén o seu amor polo deporte, cunha vitalidade que lles levou a coincidir, sen sabelo, no Club Waterpolo Pontevedra.
Hugo xogou hai un tempo no CAB Pontevedra de baloncesto, pero a recomendación de buscar un deporte sen contacto levoulle finalmente á auga e ao waterpolo, mentres que Lois gozaba do fútbol sala antes de probar no equipo benjamín do CW Pontevedra, co que adestra tres días por semana desprazándose desde o seu Portonovo natal. Na auga non se notan os seus problemas de mobilidade e desenvólvese con soltura mentres espera afrontar as próximas revisións médicas, onde lle informarán se ten que pasar polo quirófano.
Todo un exemplo de superación dentro dun grupo de xogadores que só busca unha cousa, divertirse dentro da auga facendo deporte.
Relacionadas:
-
O Waterpolo Pontevedra "fai a onda" ao Perthes por Lois e Hugo
Por Redacción |
-
Un sábado frenético no Waterpolo Pontevedra para despedirse de 2023
Por Redacción |
-
Un partido especial para o Waterpolo Pontevedra: "Imos ben pero está a liga moi igualada"
Por Diego Espiño |
-
Todos a un tempo no CAB Pontevedra para apoiar ao seu xogador Hugo e dar visibilidade á síndrome de Perthes
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
De non poder camiñar a xogar ao baloncesto no CAB Pontevedra
Por Redacción |