Yago Iglesias, tras a derrota ante o Covadonga: "Levamos unha aprendizaxe moi boa para o que queda de tempada"
Por Almu Dapena
Era o primeiro exame en terreo artificial para o Pontevedra Club de Fútbol e o resultado foi dunha derrota por 3-1 ante o pechacancelas Covadonga. Pero Yago Iglesias xa sabía que ía ser unha saída moi complicada para os seus, tanto polo terreo de xogo como polas dimensións.
Aínda así, "na primeira parte o equipo foi polos camiños que sabiamos que ían ir", recoñeceu o técnico. O plan partido era "xogar máis sinxelo e sobre todo non cometer erros en primeira liña", pero na segunda parte "o penalti de Chiqui cámbiao todo, o Covadonga métese no partido e é capaz de remontar".
Iglesias admitiu que o equipo asturiano foi mellor no segundo tempo, "cando fomos capaces de marcar o gol, o partido declinouse ao noso lado e fomos capaces de manter o control do xogo, pero na segunda parte foi un despropósito" (á hora de cometer erros). "Cando o Covadonga dá o paso adiante non soubemos meternos no partido".
Agora, o Pontevedra ten que "analizar, traballar e seguir mellorando", afirmou o ténico. "Levámonos unha aprendizaxe moi boa para o que queda de tempada. Hai moitas cousas que corrixir e hoxe é un claro exemplo de erros que non podemos cometer no futuro", subliñou.
Ademais dos penaltis, Yago Iglesias botou en falta a Dalisson no segundo tempo, que se tivo que retirar lesionado por molestias na parte posterior da perna. Trátase dunha lesión que "xa tivo hai uns meses", explicou, "as sensacións non son boas e imos ver o alcance esta semana".
Relacionadas:
-
Dalisson, dúbida "ata o último momento" para medirse ao Compostela: "Tivémolo entre algodóns para ver se chega"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra 'convoca' a Marea Granate para o seu próximo desprazamento a Ourense
Por Diego Espiño |
-
Álex González: "Manter o mesmo nivel en todos os partidos é imposible, sempre hai baches"
Por Diego Espiño |
-
Míchel Alonso, de candidato ao banco de Pasarón a revolucionar o Compostela
Por Diego Espiño |
-
A maldición do céspede sintético, unha pantasma que se lle volve a aparecer ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Trompazo granate no campo do pechacancelas
Por Almu Dapena |