BASILIO e Andrés son compadres e marinheiros xubilados ou reformados, como din os nosos vecinhos de alén Minho que mira que son raros, ti.
Tódolos días do noso senhor, chova, vente ou neve, percorren o paseo de Silgar de cabo a rabo e de punta a chicote, a non ser que haxa unha obra nas proximidades, daquela exerceren de aparelhadores afeccionados: "Ei, iso leva pouco ferro !", ou "bótalhe máis cemento a esa masa, que non o paghas ti !", cando non: "ese piar vai moi ‘desaplomado’ que xa o vexo eu desde aquí !". Ser obreiro da construcción é sempre moi duro pero en Sanxenxo pode ser ata tormentoso.
Vaites que unha vez (xá choveu!), unha cacheira pensante acordou ampliar o "gilipuerto", perdón; o porto deportivo alongando o pantalán. E alá se plantaron con enormes máquinas, metros e más metros cúbicos de cascote, morrillo e cemento. Ata tiñan un cachifallo flotante que semellaba un "transformer" deses. Nes e Basi achegáronse de vagar, curiosos, desconfiados. E foi Basi o que comezou por preguntar a un chaval de casco branco que andaba por alí sen manchar as mans, polo que estes dous deduciron que sería algún mandarica. Foi Basi o primeiro en preguntar:
-Oes compañeiro; que é o que pensades facer ? ( se non é moito perghuntar )
-Pués estamos alargando el espigón, con el fin de ampliar el puerto, pués se ha quedado pequeño y ya casi no quedan plazas de amarre.
-Moi ben -dixo Nes, un tanto celludo- E parástevos a pensar na barbaridade que ides a facer ?
-No le entiendo. Me temo que andan ustedes un tanto errados…
-Pois anda que vós…! Ven, achégate acá que che explico.
-¿ Qué usted me va a explicar a mi…? Oiga, que yo soy ingeniero !
- E nós maiores ca ti, e conhecemos deste litoral ate o último recuncho, así que, un respectinho -aconselhou Nes.
-Ademais temos un compadre nos Praceres que sabe moito de recheos. Observa e aprende.
Andrés debuxou no chan terreiro coa punta do paraugas, a reprodución aproximada da linha de costa de Sanxenxo. Despois, movendo o paraugas a xeito de punteiro, dixo fachendoso:
-Eis a cuestión; aquí comeza Silgar, inmediatamente despois está o arranque do espigón…
Basi apuntou:+
- E logo, tirando cara Pontevedra temos as praias dos pobres ou, melhor dito, o Trastébere: as praias Panadeira, Lavapanos e Carabuxeira, as tres grazas "espidas".
-Alongar o espigón trastocará o fluxo das mareas e cambiara de sentido as correntes -engadiu Basi- formando remuínhos aquí, alí e alá arrastando a area das praias mar adentro…
-No se preocupen tanto que no va a pasar nada de eso. Este proyecto ha sido creado y revisado por los mejores oceanógrafos del mundo. Claro que ustedes ignorantes y supersticiosos marineros desconfían de todo y así les va…
-Vale, pois se é como dis ti e ti dis como é, como dis ti é -dixo Nes.
-Pois nada machinho; o que ti digas, barrigas. Xá chegará o inverno -rematou Basi.
E o inverno chegou e o mar levouse un mundo de area pero cada primavera a Xunta lévalhe un cantos camións dela e asunto concluído.