Ana Pontón, 'musa' dunha nova camiseta de Rei Zentolo
A compañía pontevedresa Rei Zentolo suma un novo deseño á súa longa colección. Pero, neste caso, cunha protagonista moi especial. Trátase de Ana Pontón, a candidata do BNG á presidencia da Xunta, que recibiu en Pontevedra a primeira desta serie de camisetas.
Acompañada do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e polo candidato por Pontevedra, Luis Bará, Pontón non dubidou en poñerse a camiseta deseñada por Rei Zentolo, que está protagonizada por unha caricatura da líder nacionalista.
A peza, que ten cor branca, leva impreso o lema "Do País" e reflicte á propia Ana Pontón con chaqueta branca, pendentes tradicionais e unha chapa cunha sandía, o símbolo que adoptaron numerosos colectivos para mostrar o seu apoio ao pobo palestino.
Ademais, un dos fundadores de Rei Zentolo, Pablo Rodríguez, tamén obsequiou aos seus invitados co libro que repasa os vinte anos de traxectoria desta exitosa empresa pontevedresa.
A candidata do BNG mostrouse moi agradecida con este agasallo e así o expresou tamén a través das súas redes sociais.
Hoxe fixéronme un agasallo en @Reizentolo! Canta ilusión me fai isto, nunca imaxinei quedar retratada nuns dos seus deseños
— Ana Pontón (@anaponton) January 31, 2024
Despois amósovos mellor a camisola! pic.twitter.com/4iccgn6oiw
Relacionadas:
-
Un décalogo de medidas do BNG para que a Xunta "reme a favor" do impulso de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Bará asegura que o programa "serio, solvente e rigoroso" do BNG é "a única alternativa real ao PP"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG comprométese a aprobar a Lei Galega de Memoria Histórica e facer da memoria unha política transversal na estrutura de goberno
Por Oskar Viéitez |
-
Ana Pontón, en Pontevedra: "Adiantemos a chegada da primavera coa primeira presidenta do BNG"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Ana Pontón escolle Pontevedra para arrancar a campaña electoral do 18F
Por Redacción |
-
Pontón debulla en Pontevedra o seu programa económico para que Galicia "aproveite a súa riqueza e potencial"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Luís Bará, candidato do BNG: "Esta campaña repite o momento de cambio histórico que se deu en Pontevedra no ano 99"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |