Marea esixe a Lores o cesamento de César Mosquera polo "gran fracaso" do PXOM
Por Alejandro Espiño
Unha nova factura de Consultora Galega -empresa redactora do PXOM de Pontevedra- que reclama ao Concello 218.000 euros por traballos relacionados con este documento leva a Marea Pontevedra a esixir ao alcalde o cesamento de César Mosquera, ao que culpan do "gran fracaso" da política urbanística municipal.
En concreto, o equipo redactor reclama 105.210 euros por traballos pendentes de cobramento; outros 59.140 como indemnización polo 10% do beneficio dos traballos deixados de realizar; e outros 54.232 como devolución de garantías.
A súa "cabezonería" custou ás arcas municipais, din, máis dun millón de euros. É o diñeiro que custou a redacción dun plan que "quedou metido non caixón". Todo iso, segundo o candidato de Marea, Luis Rei, un "malgasto" de cuxa responsabilidade non salvan nin a PSdeG-PSOE nin ao Partido Popular, aos que acusa de "mirar para outro lado".
Luis Rei lamentou que "o mandarín do urbanismo leva 16 anos sen facer o seu traballo" e afirmou que durante todo ese tempo non tivo "interese ningún" en dotar á cidade dun novo plan. Prefire, dixo, seguir deseñando o modelo urbano a partir de "criterios personais e ocorrencias".
Tras a negativa da Xunta ao PXOM pontevedrés, Luis Rei asegura que dende a súa formación tratarían de chegar a un acordo coa administración autonómica "salvando os obstáculos que houbese".
Relacionadas:
-
Marea Pontevedra iniciará a súa campaña electoral ante a antiga sede da Xunta para reclamar un uso social a este edificio abandonado
Por Oskar Viéitez |
-
Marea aposta por unha xestión pública da auga e rebaixar o recibo nun 10 por cento
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra reivindícase como "os que mellor escoitamos o berro de rebelión do 15-M"
Por Redacción |
-
Marea denuncia as "agresións" á liña marítima e propón declarar a Ría como reserva da biosfera
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra dá por seguro que entrará na próxima corporación municipal
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |