As Mareas de Pontevedra e Marín reclaman un carril bici entre Mollabao e Aguete
Por Oskar Viéitez & Daniel Santomé
As Mareas de Marín e Pontevedra, xunto con colectivos de usuarios, organizaron unha ciclomarcha para reclamar un carril bici que una de forma segura Mollabao e Aguete.
A marcha comezou dende a Praza de España en Pontevedra e dende Porto de Aguete en Marín ás 18:15 e confluiron na Praza de Marqués de Valterra en Estribela para posteriormente reclamar un espazo autoxestionado pola mocidade para deportes urbanos (skate, bmx, scooter), xa que, segundo din, a cultura urbana promove integración, deporte e intercambio de coñecementos, "tres grandes piares do modelo de sociedade que defenden as nosas plataformas e que tanto demandan dende estes deportes".
Entenden que a mocidade precisa espazos para o "autodesenvolvemento " e pensan que "a privación de espazos públicos para estas actividades é algo negativo".
As candidaturas da Marea sinalan que a bicicleta "é unha alternativa biosaudable ao transporte tradicional, soamente precisa espazos seguros".
"Somos moitísimos os usuarios que facemos esa ruta e coincidimos na necesidade dun carril bici que conecte as nosas cidades, ademais de rematar o do vial de praias", salientaron.
Relacionadas:
-
Querido Rajoy: xa veñen os Reis e en Pontevedra pedímoslles...
Por Redacción |
-
Marea Pontevedra quere pechar a Deputación e que se destine o edificio a "Centro de interpretación do caciquismo"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A participación de 776 votantes fixa as liñas vermellas dos pactos postelectorais de Marea Pontevedra
Por Redacción |
-
Catro poetas dan o seu apoio a Marea Pontevedra na previa do Día das Letras
Por Redacción |