2018, o ano do 'boom' mediático da transformación urbana de Pontevedra
Por Alejandro Espiño
A proxección internacional de Pontevedra vive, por dicilo dunha maneira coloquial, a súa segunda idade de ouro. Atrás quedan os premios que diferentes organismos, especializados en mobilidade ou deseño urbano, outorgaron á transformación que experimentou a Boa Vila. Agora, son medios de todo o mundo os que puxeron os seus ollos na nosa cidade.
E todo, sen dúbida, a partir do artigo publicado o pasado mes de setembro polo xornal británico The Guardian, no que se describía a Pontevedra como un auténtico "paraíso para vivir". Desde que viu a luz, a cidade non deixou de estar na fala da xente, especialmente nas redes sociais, onde esta reportaxe causou furor.
Só nos seus primeiros días, o artigo foi lido por un millón de persoas e disparou o interese por Pontevedra de xornais, radios, televisións e axencias de noticias de todo o mundo, que miraron cara a Boa Vila, poñéndoa como exemplo de cidade amable e accesible.
Esta repercusión internacional supuxo un salto adiante na proxección exterior de Pontevedra, logrando que o seu modelo urbano xa non só sexa coñecido entre os "urbanitas" e os expertos en mobilidade, senón que os seus ecos chegasen a cidadáns de todo o mundo.
Así, a axencia Associated Press, a máis importante do mundo, acudiu a Pontevedra a gravar unha reportaxe en vídeo sobre a cidade, do mesmo xeito que o programa Informe Semanal de TVE ou a televisión pública canadense.
Ademais, apareceron reportaxes sobre a cidade en xornais franceses como Le Monde ou medios de Estados Unidos, Chile ou Colombia, entre outros; e púxose como exemplo en ámbitos tan prestixiosos como o World Economic Forum, coñecido como o Foro de Davos, que reúne a líderes empresariais, políticos e intelectuais internacionais.
O outro gran logro internacional de Pontevedra, xunto coas numerosas intervencións en conferencias e foros de debate en varios países, foi o encontro que o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, mantivo coa alcaldesa de París, Anne Hidalgo, na capital francesa.
A participación de Pontevedra no Forum Smart City abriu a porta a que o goberno municipal de París interesárase nela, a alto nivel institucional, nun momento no que buscan reducir a contaminación que produce o tráfico e recuperar espazos públicos para os cidadáns, camiñando cara a lograr unha cidade máis amable e de maior calidade de vida.
Hidalgo avanzou que, se a súa axenda llo permite, visitará Pontevedra en 2019. Esa será, a recado, unha das noticias que nos podería deixar o próximo ano.
Relacionadas:
-
Pontevedra, exemplo de boas prácticas en materia de mobilidade para publicacións de Austria e Italia
Por Redacción |
-
Un equipo da TV pública francesa elixe Pontevedra para ilustrar un "mundo sen coches"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, invitada ao foro de alcaldes e ministros da OCDE: "É un orgullo", afirma Lores
Por Alejandro Espiño |
-
Stuttgart, Ámsterdam e Dublín miran cara o modelo urbano de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
París quere "sabelo todo" de Pontevedra: "Se podo irei", asegura a alcaldesa
Por Alejandro Espiño |
-
Lores chama en París a combater as "cidades enfermas" co modelo de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Joan Clos, en Pontevedra: "La gente se vuelve más solidaria y empática si el espacio público está cuidado"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Cathy Tuttle, activista ambiental: "Non teño visto nada igual a Pontevedra en todo o mundo"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
O artigo de The Guardian dispara o interese dos medios internacionais por Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra, un "paraíso para vivir" segundo o xornal británico The Guardian
Por Alejandro Espiño |