Aida García e María Fernández repiten podio nos grupos do idade do Mundial de tríatlon cros
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/de2/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cc8a78043-dsc_1326.jpg)
© Xan Xiadas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/6d8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cc8a78132-dsc_1488.jpg)
© Xan Xiadas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/671/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/5cc8a77f6b-dsc_1225.jpg)
© Xan Xiadas
Sol, boa temperatura e a emoción de todo un campionato do Mundo. Con eses ingredientes e unha boa cantidade de público a xornada do ITU Multisport non podía saír mal.
Centrada este vez na contorna do río Lérez e a Illa das Esculturas, tocáballe a quenda ao Mundial de Tríatlon Cros, no que tomaban parte un total de 541 deportistas, 372 deles nas categorías de grupos de idade que pecharon a xornada tras carreiras júnior e elite e tamén as de paratriatlón.
Precisamente nesta modalidade o paratríatlon, chegaron varias medallas para a delegación española, grazas a Josefina Guimarey, Kini Carrasco, Ricardo Marín, Rafa Solís e José Antonio Abril.
Tras os elite ían pasando os diferentes competidores dos grupos de idade, deixando imaxes de esforzo e superación desde o sector de natación, que algúns superaron con problemas. Pero por encima de todo estaba gozar do Mundial, participar e conseguir completar o percorrido.
Deportistas de multitude de países e case todas as idades foron protagonistas dun día que de novo contou con acento local da man de deportistas da comarca.
Duás delas volveron subir ao podio, tras facelo o sábado na modalidade de dúatlon. Trátase de Aida García, triatleta do Club Ciclismo Tríatlon Poio, e da grovense María Fernández Lores, que compartiron categoría de grupo de idade (45-49).
Aida, que xa gañara con autoridade na primeira xornada do ITU Multirport, colgou outra vez o ouro cun tempo de 2:22:39, superando a María Fernández (2:30:34), esta vez prata superando o seu terceiro posto no dúatlon.
Competición de grupos de idade, júnior e paratríatlon do Mundial de tríatlon cros en Pontevedra
541 deportistas competiron este luns no Mundial de tríatlon cros do ITU Multisport, 372 deles nas categorías de grupos de idade que pecharon a xornada
© Xan Xiadas
Relacionadas:
-
RADIO.- A playlist de... Aída García, o mellor deste "vento de galerna" está por vir
Por Marisa Ciordia & Cristina Saiz |
-
Cristian Fernández e o incombustible Manuel Cruces, medallistas pontevedreses no Mundial de acuatlón
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Tripla medalla galega nas probas sub-23 e júnior do Mundial de acuatlón
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Cara e cruz para os representantes españois elite no Mundial de tríatlon cros
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Pontevedra respira tríatlon polos catro custados
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |
-
Os ouros de Manuel Ojea e Aida García, alegrías locais nos mundiais de dúatlon
Por Diego Espiño & Xan Xiadas |