Un centro de lecer e actividades, proposta de Pontevedra Alternativa para abrir a cidade ao Lérez
Por Alejandro Espiño
Potenciar a zona do río Lérez e abrila a toda a cidadanía, non só a paseantes e deportistas. Ese é o obxectivo da proposta que anunciou este mércores Pontevedra Alternativa para crear un centro de lecer e actividades.
Este centro, segundo o candidato Carlos Fontán, busca organizar diversos tipos de actividades na contorna do río e, máis concretamente, no ámbito da Illa das Esculturas.
Así, entre as propostas que realiza este partido estarían unha concesión para aluguer de bicicletas, roteiros para os nenos, alugueiro de barcas de recreo para o seu uso nas canles da illa e o fomento de deportes actuáticos como o padel surf ou o kaiak.
Ademais, Pontevedra Alternativa quere definir as rutas de sendeirismo que parten desde a Illa das Esculturas cara a Lérez e a Bora.
Mellorar a accesibilidade e sinalización das sendas que percorren ambas beiras o río forma parte tamén deste paquete de medidas para esta maior apertura da cidade cara ao río.
Relacionadas:
-
28M | Carlos Fontán (POAL): "Temos savia e ideas novas. Buscamos ser chave de goberno. Para uns ou para outros"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
POAL presenta as súas propostas para a mocidade, "un dos sectores da sociedade máis abandonado en Pontevedra"
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Pontevedra Alternativa quere devolverlle a súa "identidade propia" a barrios e parroquias
Por Redacción |
-
Pontevedra Alternativa chama a aliarse con outros concellos para impulsar o "gran polígono industrial da ría"
Por Redacción |