Os grupos de idade, os primeiros en vivir a festa do tríatlon
Primeiro día de competición na Gran Final das Series Mundiais de Pontevedra. Os encargados de estrear o programa competitivo foron este venres os participantes no Tríatlon Supersprint de Grupos de Idade.
Fixérono co percorrido máis curto da fin de semana, completando 300 metros de natación, 6,4 quilómetros de ciclismo e 1,6 quilómetros de carreira a pé, concentrado todo (salvo parte do ciclismo) na contorna da ponte de loa Tirantes e o Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
Ata alí achegáronse tamén familiares e afeccionados para vivir en directo as primeiras carreiras dos campionatos.
En acción, deportistas desde os 15 anos de idade e ata os 86, e é que como curiosidade os dous triatletas máis lonxevos en competición foron a británica Judith Mackay e estadounidense John Charman, ambos os dous nados no ano 1937. Todo un exemplo de vitalidade.
Tamén había entre os participantes representación local, como a do incombustible Manuel Cruces 'Panoramix', un dos pioneiros do tríatlon pontevedrés e que competiu na categoría de 75-79 anos.
Todo no medio dun ambiente envexable, sen choiva nos climatolóxico, que serviu de aperitivo para o que está por chegar durante a fin de semana.
Relacionadas:
-
Posto 16 para Natalia Castro nun Mundial Sub-23 gañado pola alemá Klamt: "Hoxe non tiña máis pernas"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Pontevedra, ateigada, exhíbese ao mundo nunha emocionante Gran Final Masculina
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Os triatletas réndense a Pontevedra: "Nunca vivira unha carreira así, con tanta xente animando"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
O lugués Esteban Basanta brilla no Mundial Sub-23 que gaña o alemán Simon Henseleit
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
O Mundial de Paratriatlón deixa imaxes espectaculares nas rúas de Pontevedra
Por Redacción & Mosrey Fotografía |
-
Susana Rodríguez perde o ouro mundial en paratríatlon por unha polémica sanción: "É unha vergoña"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
As acrobacias de Pablo Méndez e a música de Celme adornan a inauguración das Series Mundiais
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
Chegou o día! Pontevedra vive con "orgullo colectivo" o inicio da Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
World Triathlon concede a medalla de prata en sustentabilidade á Gran Final de Pontevedra
Por Redacción |
-
Cinco galegos nunha armada española que afronta sen complexos a Gran Final: "É como correr no patio da casa"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Natalia Castro, a gran esperanza local na Gran Final: "Sairei a gozar e o resultado virá por si só"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Iván Raña, de Pontevedra ao Salón da Fama do tríatlon mundial
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
A apertura da Expo e 'Fan Zone' en Montero Ríos, aperitivo ao comezo da Gran Final
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |