A curta galega "Einstein-Rosen", premio Áncora de Ouro do Curtas Armadiña 2017

Poio
20 de novembro 2017

A curtametraxe, rodada no Barrio das Flores da Coruña e dirixida por Olga Osorio -foi gravada cun equipo cento por cento galego-, recibiu este domingo o principal galardón do festival poiense, no que competían unha trintena de traballos nas diversas seccións, que este ano contaron por primeira vez cun xurado feminino

Einstein-Rosen Ficciónate

A curtametraxe galega "Einstein-Rosen" recibiu o premio Áncora de Ouro á mellor curtametraxe no Curtas Armadiña 2017.

A curtametraxe, rodada no Barrio das Flores da Coruña e dirixida por Olga Osorio -foi gravada cun equipo cento por cento galego-, recibiu este domingo o principal galardón do festival poiense, no que competían unha trintena de traballos nas diversas seccións, que este ano contaron por primeira vez cun xurado feminino.

"Einstein-Rosen" ambiéntase no ano 1982 e conta a historia de dous irmáns, o máis pequeno dos cales asegura atopar un buraco de verme.

A curtametraxe alzouse co premio principal do festival, no que tamén se concederon estoutros galardóns:

  • ÁNCORA DE PRATA - PREMIO DO PÚBLICO
    • Como yo te amo. Dirixida por Fernando García-Ruiz
  • ÁNCORA MELLOR CURTAMETRAXE DE ANIMACIÓN: 
    • Contact. Dirixida por Alessandro Novelli
  • ÁNCORA A MELLOR CURTAMETRAXE MEDIOAMBIENTAL: 
    • El hombre de agua dulce. Dirixida por  Álvaro Ron
  • ÁNCORA A MELLOR VIDEOCLIP EN GALEGO
    • "Non é verán de Estrella Damm" - Ezetaerre. Dirixa por Alicia Alonso García 
  • PREMIO CURTAS ARMADIÑA 2017 
    •  Nerea Barros.