A música electrolatina de Juan Magán soará en Sanxenxo o 5 de agosto

Sanxenxo
17 de xaneiro 2024

Juan Magán, unha das principais referencias da coñecida como música electrolatina, actuará este verán en Sanxenxo. Será no marco do festival Costa Feira. O seu concerto celebrarase o luns 5 de agosto, segundo confirmaron os seus organizadores

Juan Magán Costa Feira

Juan Magán, unha das principais referencias da coñecida como música electrolatina, actuará este verán en Sanxenxo. Será no marco do festival Costa Feira. O seu concerto celebrarase o luns 5 de agosto, segundo confirmaron os seus organizadores.

O artista catalán, con tres discos de estudo, é un dos músicos de maior éxito do panorama nacional, especialmente desde o lanzamento do álbum "The King Is Back: #LatinIBIZAte", editado no ano 2015.

Durante a súa carreira colaborou con artistas como Enrique Iglesias, Paulina Rubio, J Balvin, Belinda, Gente de Zona, Yandel, Lápiz Conciente ou Farruko, entre outros.

Grazas ás altas vendas dos seus sinxelos, Juan Magán, que foi nomeado seis veces aos Latin Grammy, é o artista español líder no mundo dixital, onde acumula billóns de reproducións e descargas dos seus principais temas. 

A segunda edición de Costa Feira terá lugar entre o 25 de xullo e o 25 de agosto.