Da infancia á madurez. Aramburu

Pontevedra
23 de novembro 2012

Da infancia a madurez. Aramburu. ÿ o título da exposición que acolle o Sexto edificio do Museo de Pontevedra e que poderá visitarse ata o 20 de xaneiro de 2013. Supón unha homenaxe a Manuel Aramburu, vinculado á cidade de Pontevedra tanto en vida como obra. En total exhíbense 193 obras das que un bo número están pintadas nos anos sesenta

Inauguración da exposición antolóxica de Aramburu

"Estou coma un neno con zapatos novos"⿦ admite o pintor, Manuel Aramburu. Desde cativo colaboraba co Museo e xa entón "vía os cadros dos grandes artistas e soñaba esperanzado poder estar aquí".

Da infancia a madurez. Aramburu. ÿ o título da exposición que acolle o Sexto edificio do Museo de Pontevedra e que poderá visitarse ata o 20 de xaneiro de 2013.

Supón unha homenaxe a Manuel Aramburu, vinculado á cidade de Pontevedra tanto en vida como obra.

Trátase dunha mostra antolóxica "sacáronme as vergonzas á rúa, hai cadros meus de cando eu tiña oito anos", chancea o pintor.

A obra de Manuel Aramburu non pode chegar a entenderse por completo sen coñecer parte da súa vida.

Como outros grandes pintores, o seu nacemento a finais dos anos 30 faille enfrontarse a unha época de postguerra trala Guerra Civil que marca tanto o seu proceso vital como pictórico.

Nacido en León o 8 de abril de 1936, iniciou a súa aprendizaxe no mundo da pintura en Pontevedra, cidade á que a súa familia tivo que emigrar, logo do seu nacemento, a raíz da citada guerra.

Aramburu é un dos grandes mestres da pintura actual de Galicia, pertencente á chamada "xeración de vangardas e silencios", formada por un grupo de artistas que desenvolveron a súa actividade creativa a partir da postguerra española.

ÿ posterior, polo tanto, a artistas como Manuel Colmeiro Guimarás ou Laxeiro e anterior á nova escola artística galega, marcada quizais a partir da experiencia "Atlántica" nos anos 80.

"A miña pintura nunca se cotizou como para pagar grandes cantidades de diñeiro por ela. Non sei porque motivo valórase máis o traballo dun pintor que o dun zapateiro", apunta estrañado.

O promotor e presidente da Fundación Camiño Portugués, Celestino Lores, é o comisario desta exposición composta por obras procedentes de distintas coleccións públicas e privadas "a antoloxía supón unha oportunidade para o espectador de coñecer a obra e traxectoria de Aramburu, que do mesmo xeito que sucedeu con outros pintores da súa xeración, non tivo o recoñecemento e proxección que merecía".

Por feliz decisión do comisario da exposición, esta alcanza a época de nenez do pintor, dándolle así un carácter retrospectivo que permite coñecer en profundidade e plenitude a evolución da súa obra.

En total exhíbense 193 obras das que un bo número están pintadas nos anos sesenta.

Reunir no seu conxunto a obra de Aramburu, producida ao longo de máis de 60 anos, foi o froito dun gran esforzo que toda persoa con inquietudes artísticas non debe deixar de visitar, pois constitúe un evento cultural de gran calado para a arte galega contemporánea.