'En clave de outono', a Banda de Música de Pontevedra retoma os concertos baixo teito

Pontevedra
01 de outubro 2014

Baixo a batuta de David Fiuza, o director invitado para esta ocasión, esta primeira actuación terá lugar este xoves 2 de outubro, ás 21.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra. Será o primeiro dos seis concertos que integran este ciclo, presentado este martes no Concello de Pontevedra xunto coa quinta edición de Concertos en familia

Concerto de 110 aniversario da Banda de Música de Pontevedra

Un concerto no que se fusionarán diferentes músicas internacionais servirá para inaugurar o ciclo "En clave de outono", que como cada ano abre a tempada da Banda de Música de Pontevedra. Baixo a batuta de David Fiuza, o director invitado para esta ocasión, esta primeira actuación terá lugar este xoves 2 de outubro, ás 21.00 horas, no Teatro Principal de Pontevedra.

Será o primeiro dos seis concertos que integran este ciclo, presentado este martes no Concello de Pontevedra xunto coa quinta edición de Concertos en familia.

E é que dous dos concertos deste proxecto da BMP forman parte deste ciclo de música clásica para nenos. Trátase de Pedro e o lobo, que se representará o 23 de novembro; e unha nova versión de O Crebanoces, que interpretarán o 21 de decembro. Ambos os dous serán ás 18.30 horas no Teatro Principal.

Neste ciclo de outuno, a Banda de Música de Pontevedra ofrecerá tamén o espectáculo Esencia europea (23 de outubro ás 21.00 horas, Teatro Principal); e unha zarzuela (13 de novembro ás 21.00 horas, Teatro Principal), na que a formación pontevedresa estará acompañada do coro Gli Appasionatti e da mezzosoprano Nuria Lorenzo.

Por último, o 13 de decembro no Pazo da Cultura (20.00 horas), celebrarase un concerto moi especial para a BMP, segundo unha dos seus membros, Ana Franqueira. Será unha actuación en compañía coa Banda Municipal de Santiago de Compostela, "una das formacións de maior calidade" de toda España. Nela, o concepto de innovación que preside todo este ciclo estará moi presente.