A primeira de moitas.
Iso esperan todos os que foron parte da primeira edición do Invernia Fest no Recinto Feiral de Pontevedra.
Se o venres a xornada inicial buscou elevar a temperatura a base de música cos grupos Chroma, Efecto Mariposa, Sôber e os Green Hot Peppers, o sábado esperaba o día grande do evento.
Desde moi cedo, á hora do vermú, o Recinto encheu de actividade primeiro cunha banda como Liorta da que forma parte un dos promotores do Invernia Fest, o extriatleta Javier Gómez Noya, para seguir despois cunha programación que se prolongou até a madrugada.
Gansos Rosas, tributo a Guns N' Roses, e as galegas Agoraphobia foron subindo o nivel de intensidade até chegar ás dúas formacións que encabezaban o cartel do sábado.
La Fuga e Obús, ambos os dous cunha gran traxectoria ás súas costas, non defraudaron aos seus incondicionais, sedentos de música en directo a estas alturas do ano.
Esa é a forza do Invernia Fest, organizar todo un festival desafiando ao frío e a choiva, e aspirando a consolidarse dentro da programación da Boa Vila.
A festa, que contou con Djs entre cada concerto, chegou ao seu fin tras a actuación dos madrileños Afónica Naranjo.
1/22
Segunda e última xornada do Invernia Fest en Pontevedra
Cristina Saiz
2/22

3/22

4/22

5/22

6/22

7/22

8/22

9/22

10/22

11/22

12/22

13/22

14/22

15/22

16/22

17/22

18/22

19/22

20/22

21/22

22/22