Se autodenomina "o último rei do verán" e, ataviado co seu gorro tricolor, un chandal vermello e lentes de sol, logrou que a nova estación chegase a Pontevedra.
King África era este venres o reclamo principal da primeira xornada do festival Surfing the Lérez e, para a súa actuación, a choiva que levaba caendo toda a xornada deu unha tregua e fíxose o sol e o verán na Illa do Covo.
O artista converteu o recinto nunha verbena ao ritmo dos seus temas máis populares. Non faltaron 'O camaleón' ou o seu 'Boooomba' e tampouco un oco no repertorio para os máis pequenos da casa.
Encantado da presenza de nenos e nenas no recinto, convidoulles a acompañarlle no escenario ao ritmo do famoso 'Chuchuwa'.
O festival, de acceso completamente gratuíto, abriu este venres a súa 13 edición cun cartel ecléctico, no que o seu estilo urbano, rock e indie conviven co verbeneo de King África.
Con catro escenarios diferentes e máis de 120 persoas traballando na organización, o festival espera repetir o éxito de pasadas edicións e recibir na Illa do Covo a 30.000 persoas durante o fin de semana.
Este venres xa lograron un cheo total, coa actuación de King África, Miguel Costas, Anaut, Anabel Lee, Antía Muíño, Cristalino, María Grep, Montedapena, Néstor Pardo, Nocturna, Repion e Shego, entre outros, así como DJ's como Carlos Crespo, Kris K DJ, A Suprema, Maefield e Nanein.
A festa continúa este sábado 7 con Alba Reche, Angel Stanich, Arizona Baby, Capital Voskov, Cora Yako, Grande Amore, Grima, Jarabo, Karavana, As Dianas, Levitants, Liorta, Melifluo, Ortiga, Portrait, Resaca Emocional, Santi Araújo e Trashi.
Os dj's nesa segunda xornada serán: Dj Amable (Common People), Dj Diñeiro, Bea Fernandez, BB.Wav B2B Elba, Gorllitox e Señora Dj.