As Festas de Verán de Pontevedra seguen sumando artistas á súa programación. O último nome en confirmarse foi o de Malvela, que formará parte do ciclo Con voz de muller. Actuará na Praza da Ferrería o domingo 4 de agosto.
Así o anunciou o Concello a través das súas redes sociais.
Será unha xornada musical chea de tradición, folk e canto galego cunha das bandas máis emblemáticas da música tradicional galega.
As cantareiras de Mos, integradas por mulleres de diferentes xeracións, despregarán sobre o escenario a súa habitual atmosfera festiva, pisando con forza e convicción o escenario.
Malvela súmase así a Guadi Galego, que formará parte desta nova edición de Con voz de muller cun concerto que ofrecerá o mércores 31 de xullo.