O último secreto rodeaba ás Festas de Verán de Pontevedra acaba de revelarse.
A banda murciana M-Clan protagonizará o primeiro gran concerto das Festas da Peregrina. Actuarán na Praza de España o sábabo 8 de agosto.
A súa presenza nas festas de Pontevedra mantívose oculta até agora debido aos seus compromisos contractuais co recente festival PortAmérica.
M-Clan celebrará en Pontevedra os seus trinta anos de carreira, achegando ao público un amplo repertorio musical que repasa e resume esas tres décadas de traxectoria.
A banda liderada por Carlos Tarque e Ricardo Ruipérez está consolidada como un dos grandes referentes do rock nacional.
A súa longa carreira artística levounos a pasar por distintas etapas musicais que se moveron entre o rock sureño de raíz americana, o blues, o soul, o funk ou o pop.
En Pontevedra soarán éxitos como Roto por dentro, Perdido en la ciudad, Miedo, Sopa fría ou Quédate a dormir.
M-Clan súmase a unha oferta musical que contará, entre outros, con Miguel Ríos, Pastora Soler, Sidecars, La Casa Azul, C Marí ou De Vacas.
A programación das Festas de Verán, pola súa banda, continúa estes días como unha bala con Titirivedra e Itineranta como os pratos fortes da semana.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.