O Concello de Vilagarcía deu a coñecer o segundo concerto dos seus Festas de San Roque.
Tras a confirmación do grupo Mago de Oz, que actuará nas festas o día 19 de agosto, agora tocoulle a quenda a un dos grandes nomes da escena musical galega actual.
Mondra levará a Vilagarcía o seu rechamante espectáculo.
Farao o venres 22 de agosto no parque da Xunqueira.
Será un concerto con entrada gratuíta para o público.
O 'cantareiro' e bailador acaba de estrear o seu segundo disco, titulado 'De Ronda', no que volve mesturar ritmos tradicionais con estilos actuais como a electrónica.
Un traballo que se publica tras a gran acollida que tivo o seu álbum de debut, 'Arden', polo que foi galardoado co Premio Martín Códax da Música como mellor disco de electrónica.
"Buscamos que as festas sexan para todo o mundo, independentemente da súa idade, de aí que os concertos anunciados sexan tan diferentes entre si", explicou tras a confirmación a concelleira de Cultura, Sonia Outón.