Notable asistencia á primeira xornada de Domingos do Principal

Pontevedra
11 de xaneiro 2015

O ciclo de teatro infantil e familiar inicia a súa décimo sexta edición cunha dobre representación da obra 'A Volta ao Mundo' de Gorakada Teatro

'A Volta ao Mundo' de Gorakada Teatro, primeira cita de Domingos do Principal Diego Torrado

O ciclo de teatro infantil e familiar Domingos do Principal estreou este domingo 11 de xaneiro a súa décimo sexta edición.

Fíxoo cunha dobre sesión da obra A Volta ao Mundo a cargo da compañía vasca Gorakada Teatro e unha notable asistencia de público, tanto ás 12:00 coma ás 18:30 horas.

Trátase dun espectáculo de teatro de actor e monicreques baseado na novela de Xulio Verne 'A Volta ao Mundo en 80 días" que recibiu no ano 2013 os recoñecementos de mellor dirección, interpretación masculina, mellor adaptación teatral e mellor espazo escénico nos premios FETEN.

Domingos do Principal terá a súa segunda cita o día 18 de xaneiro coa representación Malasomba de Au Ments Dansa-Teatre.