O universo 'Paralaia' de Xosé Manuel Budiño revive no Culturgal

Pontevedra
04 de decembro 2016

 O concerto de Xosé Manuel Budiño, acompañado do talento de Mercedes Peón, no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra foi o colofón á actividade do sábado na Feira das Industrias Culturais e reviviu entre todos os presentes os inicios do músico hai 20 anos.   

Concerto de Xosé Manuel Budiño no Culturgal

O prato forte da segunda xornada do Culturgal non decepcionou. O concerto de Xosé Manuel Budiño, acompañado do talento de Mercedes Peón, no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra foi o colofón á actividade do sábado na Feira das Industrias Culturais e reviviu entre todos os presentes os inicios do músico hai 20 anos. 

Budiño elixiu Culturgal para lanzar o seu último traballo, pero non é un traballo máis na súa carreira, senón a conmemoración dos seus 20 anos de traxectoria coa reedición do seu primeiro disco, Paralaia, que hai 20 anos subiuno aos escenarios e catapultouno á fama internacional. A partir deste luns 5 de decembro estará de novo no mercado. 

Durante as dúas últimas décadas Budiño recreaba o universo Paralaia na práctica todalidad das súas actuacións, nas que o público esperaba ansioso escoitar os temas cos que se deu a coñecer e deu un xiro á música folk feita en Galicia. Agora empeza unha xira na que será o eixo principal.

Arquivado en