Pontevedra reabre as súas 'matinés' coa banda belga Balthazar

Pontevedra
29 de outubro 2021

Volven As Matinés a Pontevedra. O ciclo musical que anima ao público pontevedrés en sesión vermú regresa cun protagonista de excepción, a banda belga Balthazar. Será este sábado 30 de outubro, a partir das 12:30 horas. Iso si, non no Teatro Principal como é habitual, senón no Pazo da Cultura

Balthazar i-radia Crea

Volven As Matinés a Pontevedra. O ciclo musical que anima ao público pontevedrés en sesión vermú regresa cun protagonista de excepción, a banda belga Balthazar. Será este sábado 30 de outubro, a partir das 12:30 horas.

Iso si, non no Teatro Principal como é habitual, senón no Pazo da Cultura.

O quinteto presentará en Pontevedra o seu novo disco, Sand, un álbum sedutor, elegante e sexy que consolida o status que o grupo gañara dentro do soul-pop alternativo.

Neste traballo, a banda combina un pop minimamente arranxado cunha electrónica elegante e ritmos sofisticados.

 

As entradas para este concerto, que teñen un prezo de 16 euros, continúan á venda a través da plataforma Ataquilla.com.