Seres indóMITOs: José Luís Sarandeses

Pontevedra
12 de outubro 2025

Mito Meijón entrevista a José Luís Sarandeses, xefe do servizo de Cultura e Festas do Concello de Pontevedra, responsable da programación diversa que se desenvolve no municipio

José Luis Sarandeses

Hai persoas que fan posible o imposible, que traballan desde a discreción e o esforzo diario para que a cidade brille como merece. José Luís Sarandeses é un deses nomes imprescindibles, sempre ao pé do canón, sempre disposto a dar o mellor do seu  para que todos os pontevedreses gocemos dunha programación cultural viva, diversa e emocionante. Non importa a hora nin o día: el está aí, coidando cada detalle, empuxando cada proxecto, pondo corazón onde outros só verían rutina. Grazas a esa entrega incansable, Pontevedra converteuse nun lugar onde a cultura non se consome, senón que se celebra, compártese e convértese en parte da nosa identidade colectiva.

 

- Dime unha pregunta que non che gusta que fagan

Non hai preguntas mal expostas senón respostas mal interpretadas.

- Como é a túa relación con Pontevedra?

De amor desde que nacín.

- Como te definirías?

Amigo dos meus amigos, traballador e sinxelo.

- Con que xeración te identificas máis: baby-boom, X ou millenial?

Coa miña, baby-boom.

- Que características ten a túa xeración?

Pois puidemos gozar da rúa, dos barrios, iamos tocar o "telefonillo" dos nosos amigos para que baixaran xogar… todo iso dá contido a unha vida de adulto.

- En que momento pasas de gozar das festas a organizalas?

No ano 1986 eu formaba parte do Consello Escolar do meu instituto e o representante do concello era o concelleiro de Cultura. Viu que me gustaba organizar cousas, como o cineclub, mostras etc. e fichoume para a comisión de festas. Aí empezou todo, e ata hoxe.

- E en que etapa vital dirías que están as festas en Pontevedra?

No seu mellor momento sen ningunha dúbida. Supéranse as expectativas ano a ano aínda que queda moito por facer. Por exemplo Halloween…cada vez a xente celébrao máis e aínda temos que adaptalo á cidade.

- A Feira Franca, morrerá de éxito?

En absoluto, pero debemos coidala entre todos, estendeuse cara a máis zonas da cidade crecendo en novos espazos e tamén cara á noite, pero polo menos durante o día debemos preservala como unha recreación histórica e unha festa familiar.

- En ocasións fálase das excentricidades dalgúns artistas…o máis raro que che pediron para celebrar un concerto?

Desde caviar ata botellas de auga dunha marca concreta que tivemos que ir buscar a Lisboa… ou o caso de Mecano que nos pediron 300 toallas para usar durante o concerto, das cales usaron a metade (risas).

- Que é máis importante, o orzamento ou a implicación cidadá?

Ambas, pero é certo que o tecido social é fundamental. Pensa que o que Vigo pode gastar nun só concerto, é o orzamento co que eu traballo 6 meses. Aínda que hai festas como o Entroido, nas que non habería diñeiro para pagar todo o traballo que fan tantas agrupacións. Pontevedra é unha cidade gozosa.

- Que é a amizade?

Algo marabilloso que ti decides por onde levar.

- Se puideses viaxar no tempo, irías ao pasado ou ao futuro?

Ao futuro, a ver as festas da Peregrina dentro de 100 anos.

- Unha parte da túa casa que che apeteza intervir?

O soto, unha materia pendente (risas).

- Dime unha canción que che emocione.

Resistirei, por moitos motivos.

- Frío ou calor?

Frío

- Que hai despois da vida?

Pois espero que outra vida.

- O último capricho que te deches?

Tomar unhas sardiñas asadas coa miña familia.

- Cando dixeches por última vez "quérote"? a quen?

Hoxe a miña filla.

- A quen che gustaría ver nesta sección?

Ao padre Alberto.

- E por último, que vas facer en canto acabe a entrevista?

Pois teño unha cita médica.

 

Para José Luís, Pontevedra sabe a vida, cheira a paz, é de cor azul e soa a casa. Definitivamente, Sarandeses sente Pontevedra.

 

 

O CUESTIONARIO

 

Nunca saio de casa sen… o meu móbil

Na miña neveira sempre hai… auga

No meu armario destaca… as miñas camisas

A idade é…. experiencia, momentos…vida.

Sempre fun o ollo dereito de… os meus pais

Pontevedra ten alma de… tranquilidade

Creo en… Deus

O ano que marcou a miña vida foi… o 1986 cando coñecín a miña muller.

O mellor agasallo que me poden facer é… unha comida con sobremesa.

O meu lugar no mundo é… Pontevedra

Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en… A Coruña

O meu momento favorito do día é… a mañá

Pontevedra… casa.