Soziedad Alkoholika, Duncan Dhu, Love of Lesbian, Antonio Orozco ou El Consorcio, nas Festas da Peregrina

Pontevedra
13 de xuño 2014

Pontevedra vestirá as súas mellores galas do 9 ao 17 de agosto para as súas festas patronais, as Festas da Peregrina. ÿ un dos principais atractivos das Festas do Verán, cuxa programación desvelou este venres a concelleira de Festas, Carme da Silva. Serán nove días cheos de actividades "variadas e para todos os gustos", xa que o Concello de Pontevedra pretende que "todos os pontevedreses poidan gozar delas"

Love of Lesbian, nunha das imaxes promocionais do seu último disco Love of Lesbian

Pontevedra vestirá as súas mellores galas do 9 ao 17 de agosto para as súas festas patronais, as Festas da Peregrina. ÿ un dos principais atractivos das Festas do Verán, cuxa programación desvelou este venres a concelleira de Festas, Carme da Silva. Serán nove días cheos de actividades "variadas e para todos os gustos", xa que o Concello de Pontevedra pretende que "todos os pontevedreses poidan gozar delas".

Nesta semana grande, a música volverá ser a gran protagonista. Os seus concertos son unha das citas preferidas desta programación e este ano volverá haber propostas para todo tipo de público. Soziedad Alkoholika, Duncan Dhu, Love of Lesbian, Milladoiro, Efecto Pasillo, Antonio Orozco e El Consorcio actuarán na Praza de España, xunto cos espectáculos de Máxima FM e o festival infantil A nena e ou grilo nun barquiño.

A Praza da Ferrería será o escenario doutra serie de concertos, dirixidos a unha audiencia diferente, "pero moitos deles con calidade suficiente para actuar na Praza de España", segundo Carme da Silva. Serán, entre outras, as actuacións de Sés, Black Stones, o man a man entre a Banda de Música de Salcedo e a Banda de Música de Pontevedra, A Roda coa propia BMP ou o tradicional festival de corais.

E de novo, a Praza do Teucro "xa consolidado como espazo infantil" acollerá os espectáculos dirixidos aos máis pequenos, con obras de teatro e concertos creados especialmente para eles. Ademais destes tres espazos, toda a cidade, especialmente as rúas e prazas do centro histórico acollerán actividades durante todo o día, co obxectivo de que "haxa festa e animación pola rúa".

A programación completa das Festas da Peregrina é a seguinte:

SÁBADO 9 DE AGOSTO

  • 12.00 horas. Lectura do pregón desde o balcón do Pazo de Mugartegui.
  • 12.45 horas. Traslado da carroza procesional para a ofrenda floral desde a Praza de Mugartegui ata o santuario da Peregrina.
  • 13.15 horas. Actuacións nas prazas do centro histórico das agrupacións folclóricas Gaiteiros das Rías Baixas, Barbude, Os Alegres de Mourente, Os Trazantes de Tenorio, Os de Algures, Grupo Foula, Duos Pontes e Celme.
  • 14.00 horas. Entrega dos premios Amigos de Pontevedra.
  • 22.30 horas. Concerto de Soziedad Alkoholika + Vortex na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Samil e Latino
  • 24.00 horas. Fuegos de artificio en el muelle de As Corbaceiras.

 

DOMINGO 10 DE AGOSTO

  • 12.00 horas. Misa no santuario da Peregrina.
  • 13.00 horas. Actuación nas prazas da cidade do grupo Andaina.
  • 21.00 horas. Procesión da Virxe Peregrina e danza gremial de cintas, do século XVIII.
  • 22.30 horas. Concerto de Duncan Dhu na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Tokio e Blue Star.

 

LUNS 11 DE AGOSTO

  • 13.00 horas. Actuación do grupo Chouteira e Os de Algures nas prazas e rúas da cidade.
  • 19.30 horas. Teatro infantil: Os tres tenedores, na Praza do Teucro.
  • 21.00 horas. Concerto man a man entre a Banda de Música de Salcedo e a Banda de Música de Pontevedra, na Praza da Ferrería.
  • 22.30 horas. Concerto de Love of Lesbian na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Xacobeo.

 

MARTES 12 DE AGOSTO

  • 13.00 horas. Actuación do grupo Dolmen e Gaiteiros das Rías Baixas nas prazas e rúas da cidade.
  • 19.30 horas. Actuación de Tropa de Trapo. Antía, Wamba e o regato pequeno, na Praza do Teucro.
  • 21.00 horas. Concerto de A Roda e a Banda de Música de Pontevedra, na Praza da Ferrería.
  • 22.30 horas. Concerto de Máxima FM na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Bahía.

 

MÿRCORES 13 DE AGOSTO

  • 12.00 horas. Actuación do grupo Os de Mourente e Cantareiras Leitaregas nas prazas e rúas da cidade.
  • 19.00 horas. Batalla de flores, percorrendo as rúas Loureiro Crepso, Cobián Areal, Uxío Novoneyra e Eduardo Pondal.
  • 21.00 horas. Festival infantil: A nena e o grilo nun barquiño, na Praza de España.
  • 22.30 horas. Concerto de Black Stones na Praza da Ferrería.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Bohemia.

 

XOVES 14 DE AGOSTO

  • 12.00 horas. Actuación do grupo Xoldra e Cantareiras de Aturuxo Pequeno nas prazas e rúas da cidade.
  • 19.30 horas. Música infantil: Rolada, na Praza do Teucro.
  • 21.00 horas. Concerto da Banda de Música de Salcedo con Rubén Simeó, na Praza da Ferrería.
  • 22.00 horas. Cantos de tabernas: Ghusto de Boi e Abródiga, en bares do centro histórico.
  • 22.30 horas. Concerto de Milladoiro na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Son D'Vigo e Odisea da Coruña.

 

VENRES 15 DE AGOSTO

  • 11.15 horas. Actuación do grupo Os Alegres, Os de Algures e Cantareiras Leitaregas nas prazas e rúas da cidade.
  • 12.30 horas. Misa solemne e procesión de Santa María.
  • 13.30 horas. Concerto da Banda de Música de Salcedo na Avenida de Santa María.
  • 19.30 horas. Teatro infantil: Chapuzas a domicilio, na Praza do Teucro.
  • 21.00 horas. Festival de corais: Coral Bella Helenes, Coral Polifónica ACD O Chopo, Agrupación Polifónica da Guarda, Coral Barcarola e Coral Airiños de Campañó, na Praza da Ferrería.
  • 22.00 horas. Cantos de tabernas: Maravallada y Regato de Matamulleres, en bares del centro histórico.
  • 22.30 horas. Concerto de Efecto Pasillo na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Chanel.
  • 23.00 horas. Verbena de San Roque na Praza do Gremio de Mareantes: orquestra Salsa Costa.
  • 24.00 horas. Espectáculo pirotécnico no peirao das Corbaceiras.

 

SÁBADO 16 DE AGOSTO

  • 19.00 horas. Concerto de San Roque pola Banda de Música de Pontevedra, na Praza Irmáns Pazó..
  • 19.30 horas. Actuación de Xavier Muro: Fantasía máxica, na Praza do Teucro.
  • 20.00 horas. Misa na Basílica de Santa María e procesión de San Roque.
  • 21.00 horas. Festival de corais: Coral de Poio, Coral Polifónica Padronesa, Voces Amigas de Mourente, Coral Polifónica Asomamos de Mos e Coral Alameda do Fogar do Maior, na Praza da Ferrería
  • 22.30 horas. Concerto de Antonio Orozco na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestras Lume e Latino de Vigo.

 

DOMINGO 17 DE AGOSTO

  • 19.30 horas. Teatro infantil. Seisdedos Títeres: Cocer e cantar, na Praza do Teucro.
  • 21.00 horas. Concerto de Sés na Praza da Ferrería.
  • 22.30 horas. Concerto de El Consorcio na Praza de España.
  • 22.45 horas. Verbena na Gran Vía de Montero Ríos: orquestra Intervalo Show e Quinta Avenida.
  • 24.00 horas. Fogos de artificio no peirao das Corbaceiras.

 

As Festas da Peregrina inclúense nunhas Festas do Verán de Pontevedra que contará con máis de 200 actividades durante os meses de xullo e agosto.