Un pallaso de vocación desata as gargalladas no Teatro Principal

Pontevedra
02 de febreiro 2015

As gargalladas dos asistentes ás representancións do ciclo Domingos do Principal foron este domingo aínda máis habituais. Chegaron da man de Marcel Gros, probablemente, un dos pallasos máis recoñecidos de toda España, e do seu novo espectáculo, La gran A... ventura

Representación de 'La gran A... ventura' de Marcel Gros no ciclo Domingos do Principal Diego Torrado

As gargalladas dos asistentes ás representancións do ciclo Domingos do Principal foron este domingo aínda máis habituais. Chegaron da man de Marcel Gros, probablemente, un dos pallasos máis recoñecidos de toda España.

O pallaso levou ao Teatro Principal o seu novo espectáculo, La gran A... ventura, co que celebra os seus trinta anos de traxectoria sobre os escenarios, que o converteron nunha referencia no mundo 'clown'.

En La gran A... ventura, Marcel Gros propuxo durante unha hora unha visita guiada ao seu universo particular cun espectáculo cómico no que se propón explicar unha historia dende a óptica dun pallaso de vocación, pero sen prescindir, sutilmente de pequenos coñecementos universais e educativos.

Todo iso nunha narración que, con axudas interactivas do público, mantivo o interese permanente dos espectadores que encheron o patiio de butacas acompañándose de elementos tan sinxelos como efectivos pola súa maxia, grazas aos efectos de luz e son e, sobre todo, á imaxinación de Marcel Gros que foi activando progresivamente ao espectador.