Pontevedra está en festas, e a música é o eixo protagonista dunha programación das Festas da Peregrina que comezou este sábado con tres citas de categoría.
Os tres escenarios habilitados, na Praza de España, A Ferrería e as pistas de Campolongo, completaron o aforo previsto dentro do recinto acoutado para gozar do arranque festivo.
No de maior importancia, a Praza de España, compareceron Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre dentro dunha proposta de música tradicional pero de vangarda.
Pola súa banda en Campolongo subñia ao escenario a pregoeira das festas, Violeta Mosquera, coa súa banda de rock Bala, garantindo ritmos e emocións fortes.
En canto ao escenario da Ferrería, ocupouno o grupo Carlota Crey.
Diferentes propostas para todos os gustos que terán continuidade este domingo cos espectáculos de Gustavo Almeida na Ferrería (21.00 horas), Los Brincos na Praza de España (22.00 horas) e Rodrigo Cuevas en Campolongo (22.30 horas). Todos eles serán de acceso gratuíto ata completar aforo cumprindo os protocolos de prevención contra a covid.