O Arquivo Provincial da Deputación de Pontevedra acolle, desde este venres, unha exposición fotográfica que repasa a historia da Sociedad Gimnástica de atletismo.
A mostra se inclúe dentro dos actos previstos polo aniversario do club, que este sábado 2 de setembro cumpre 90 anos de vida.
Responsables da histórica entidade, ademais de responsables de Deputación e Concello, acudiron á inauguración da exposición, que permanecrá aberta ata o próximo 29 de setembro.
O seu horario de visita é de luns a venres entre as 8:30 e as 14:30 horas.