A brasileira Karina Pelé, segunda fichaxe do Poio Pescamar

Poio
08 de xullo 2023

Pelé ocupará a posición de pivote e únese a unha lista na que xa están confirmadas as renovacións de Rocío Gómez, Elena Aragón, Anna Escribano, Martita, Elena, Sandra Buzón, Laura Uña, e a fichada Ale de Paz

Karina Pelé, nova fichaxe do Poio Pescamar Poio Pescamar

O Poio Pescamar segue perfilando o seu plantel para a nova tempada e anunciou unha nova incorporación.

Trátase da brasileira Karina Rodrígues Dos Santos, máis coñecida como Pelé ou Karina Pelé, que se converte na segunda fichaxe do verán da escuadra conserveira.

A brasileira de 33 anos, provén do club Pato Branco, aínda que con anterioridade estivo nas filas do Barateiro e São José, todos eles de Brasil, polo que este será o seu primeiro ano na liga española. 

Pelé ocupará a posición de pivote e únese a unha lista na que xa están confirmadas as renovacións de Rocío Gómez, Elena Aragón, Anna Escribano, Martita, Elena, Sandra Buzón, Laura Uña, e a fichada Ale de Paz.