A clasificación da Selección Española para o Europeo Sub-19 pasa por Vilagarcía

O Salnés
18 de marzo 2019

As actuais campioas de Europa xogarán en abril o Minitorneo Rolda Elite Sub-19 contra Hungría, Irlanda e Serbia nos campos de A Lomba de Vilagarcía e no Verónica Boquete San Lázaro de Santiago

A Selección Española Sub-19, con Teresa Abelleira (arriba no centro), celebra o título europeo
A Selección Española Sub-19, con Teresa Abelleira (arriba no centro), celebra o título europeo / RFEF

As actuais campioas de Europa disputarán en Galicia o Minitorneo Rolda Elite Sub-19 feminino. Os campos de A Lomba de Vilagarcia, e o Verónica Boquete San Lázaro de Santiago, acollerán no mes de abril a celebración do campionato, onde España enfrontarase ás seleccións de Hungría, Irlanda e Serbia para dar un paso adiante na clasificación para o Campionato de Europa. 

A Federación Española aprobou a candidatura galega para a celebración deste torneo, primeiro chanzo que terán que superar as actuais campioas de Europa para ter unha praza na fase final do campionato que se celebrará en Escocia entre o 16 e o 28 de xullo onde a 'rojita' buscará gañar o seu terceiro título consecutivo.

Esta última fase actuará como clasificatorio para a Copa Mundial Sub-20 Feminina da FIFA.

Calendario do Minitorneo Rolda Elite Sub-19

  • Mércoles 3 de abril
    • 13:00 horas: Hungría – Irlanda (Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía)
    • 18:30 horas: España - Serbia (Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago)
  • Sábado 6 de abril
    • 13:00 horas: Irlanda – Serbia (Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía)
    • 18:30 horas: España – Hungría (Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago)
  • Martes 9 de abril
    • 18:30 horas: Serbia – Hungría (Estadio Municipal A Lomba de Vilagarcía)
    • 18:30 horas: Irlanda - España (Estadio Verónica Boquete San Lázaro de Santiago)