A Comisión de Seguimento apoia a continuidade de Teucro e Cangas en ASOBAL

Pontevedra
24 de xullo 2015

A Federación Española e a asociación de xogadores votaron a favor dos clubs galegos, coa opinión en contra da propia Asobal. A decisión debe ser ratificada agora polo Consello Superior de Deportes. A Federación quere retirar os dereitos organizativos a Asobal

Francisco Blázquez (parte inferior dereita) no palco do Municipal Diego Torrado

O Teucro respira un pouco máis tranquilo tras a reunión da Comisión Mixta celebrada durante a mañá deste venres en Valencia.

Federación Española, asociación de xogadores e Asobal discutiron a polémica exclusión por parte da liga de Teurcro e Cangas, decisión revogada só un día despois polo Comité de Competición da Federación.

Finalmente, con dous votos a favor (Federación e xogadores) e un en contra (Asobal) a comisión decidiu apoiar a continuidade dos clubs galegos na máxima categoría do balonmán nacional, unha decisión que ao non exitir unanimidade debe ser agora ratificada polo Consello Superior de Deportes.

Tras coñecer o resultado do encontro o presidente do Teucro, Carlos García-Alén, recoñeceu estar "tranquilo" xa que "todos los pasos los habíamos consensuado con la Federación Galega y sabíamos que desde el minuto uno íbamos a tener también el amparo de la española".

Carlos García-Alén: "Lo que nosotros no cumplíamos y por lo que se nos expulsa tampoco lo cumplían otros clubes"

Esa tranquilidade non oculta a indignación do dirixente pontevedrés ante a actitude de Asobal, asegurando que "lo que nosotros no cumplíamos y por lo que se nos expulsa tampoco lo cumplían otros clubes. Hay un cúmulo tremendo de contrariedades en la decisión de la asamblea" sinalou en declaracións PontevedraViva.

GUERRA ABERTA ENTRE FEDERACIÓN E ASOBAL

O caso de Teucro e Cangas non é o únco fronte aberto na guerra que parece terse declarado entre as organizacións que rexen o balonmán español, xa que a Federación Española planea propoñer a retirada dos dereitos organizativos da máxima categoría a Asobal.

Esta opción está ben valorada por clubs como o Teucro, que ven na Asobal a "una asociación que no vela por los intereses del balonmano y de los clubes, al menos de todos", explicou Carlos García-Alén.