A 'Marea Granate' desborda as previsións para o derbi da Lomba

Pontevedra
14 de abril 2022

O Pontevedra Club de Fútbol agradeceu publicamente a predisposición do Arosa, que enviou á entidade granate 550 entradas para o choque do domingo  llegndo a mover a algún dos seus abonados de localidade para concentrar a toda a afección granate nunha mesma localización

Entradas para o partido entre Arosa SC e Pontevedra CF Pontevedra Club de Fútbol SAD

O apoio ao Pontevedra Club de Fútbol será importante o vindeiro domingo desde as bancadas da Lomba, que se tinguirán de granate grazas á presenza dun gran número de afeccionados desprazados desde a Boa Vila.

A 'Marea Granate' mobilizouse para a primeira defensa do liderado, coincidindo co derbi ante o Arosa, practicamente esgotando nunha xornada as 300 entradas enviadas inicialmente polo club arlequinado ás oficinas de Pasarón.

Esa alta demanda propiciou o envío de 250 localidades máis, despachándose gran parte delas aínda que sen chegar a esgotar o papel.

A esa cifra haberá que engadirlle os seguidores que acudan pola súa conta a Vilagarcía, ao ser posible adquirir entradas nos propios despachos de billetes da Lomba o propio día do derbi, a un prezo de 25 euros en Tribuna e de 15 euros en Preferencia e os fondos.

O Pontevedra mostrou publicamente o seu agradecemento ao Arosa pola predisposición mostrada nos últimos días á hora de enviar entradas para a afección pontevedresa e tamén por chegar a mover a algún dos seus abonados para permitir que os seguidores granates poidan estar situados nunha mesma bancada.