A metade dos socios do Teucro xa retiraron o seu carné

Pontevedra
05 de setembro 2014

A unha semana do inicio de liga en Irún 335 socios, a metade do total na pasada campaña, retiraron xa o seu abono. O club confía en superar a cifra de 1.000 socios

Aspecto do Pavillón Municipal durante o Teucro-Octavio Diego Torrado

A unha semana do inicio de liga na División de Honra Prata, que o Teucro afrontará en Irún, a metade dos seus socios retiraron xa o carné para seguir apoiando ao seu equipo unha campaña máis.

Esta cifra, 335 abonos retirados, supón a metade dos socios do curso pasado e un incremento do 20% con respecto ás mesmas datas do ano 2013.

O club azul espera que o ritmo non só se manteña, senón que se incremente con motivo do primeiro partido na casa e póidase superar a cifra dos 1.000 socios, obxectivo formulado na presentación da campaña o pasado 8 de agosto.

Os interesados en formar parte da familia teucrista no ano do seu 70 aniversario puden pasarse polas oficinas do club, no Pavillón Municipal dos Deportes, ou ingresar directamente o importe do abono na conta que a entidade ten aberta no Banco Sabadell (ES41-0081-7621-92-0001343645).