O partido que o próximo 16 de agosto disputarán Villalonga e Pontevedra no Campo de San Pedro terá carácter benéfico.
Así o anunciou o patrocinador do torneo e tamén do conxunto local, Viajes Interrías, co apoio das presidentas de ambas as dúas entidades, Lorena González e Lupe Murillo.
Desta forma a recadación íntegra do amigable, que se fixou para as 19:00 horas, será destinada á asociación Down Xuntos Pontevedra.
O partido entre Villalonga e Pontevedra do domingo 16 de agosto pechará a pretempada dos dous equipos, unha semana antes dos cales arranque oficialmente a liga, tanto en Segunda B como en Rexional Preferente.