Abel Jurado vence na quinta edición do RallyMix de Cuntis

Umia
26 de setembro 2022

Abel Jurado proclamouse gañador da quinta edición dun Rallymix de Cuntis atractivo, de 12,3 quilómetros e de terreo mixto de terra e asfalto. O trazado comezou no Paseo do Río e pasou por Guimarei, Soutelo, San Mamede, Bragaña, Vilariño e Noval

V edición do RallyMix de Cuntis Cristina Saiz

Abel Jurado proclamouse gañador da quinta edición dun Rallymix de Cuntis atractivo, de 12,3 quilómetros e de terreo mixto de terra e asfalto. O trazado comezou no Paseo do Río e pasou por Guimarei, Soutelo, San Mamede, Bragaña, Vilariño e Noval.

A primeira proba, que comenzo na matinal do sábado, estivo marcada pola igualdade na cabeza, onde os cinco primeiros clasificados tiveron unha mínima distancia de tres segundos. Sergio Fernández foi o líder tras este primeira pasada seguido de Daniel Remuiñán e Abel Jurado.

Na segunda manga foi Jurado o que asaltou o liderado da clasificación xeral demostrando un gran ritmo, pasando en máis de dous segundos ao seu seguidor, Manuel Osorio. O terceiro posto asaltouno Javier Ramilo.

Terminou a primeira xornada do rally con Abel Jurado como líder provisional, pero foi Sergio Fernández o que rexistrou o mellor tempo desta edición con 9:09.013. Tras el, Daniel Remuiñán parou o crono un segundo e catro décimas por detrás do segundo e a tres do primeiro.

O domingo comezou coa penúltima manga na que o piloto de ya-Car Racing, Abel Jurado, pulverizó o crono para asentarse como líder indiscutible rebaixando en máis de seis segundos o mellor tempo ata o momento, rexistrado o día anterior por Fernández.

Tamén Remuiñán mellorou ese tempo a catro segundo de Jurado, asinando un segundo posto na xeral a falta dunha proba. O terceiro scratch, pola súa banda, foi para Manuel Osorio a un segundo de Javier Ramillo.

Na quinta e última manga Abel Jurado certificou o seu dominio demostrado desde a segunda manga, anotándose tres dos cinco scratch e proclamándose campión do rally (45:51.991).. Tras el, Javier Ramilo adiantou a Remuiñán na xeral, finalizando segundo (+18.501) e quedando unha vez máis campión galego de RallyMix. 

O terceiro posto foi para a dupla formada por Manuel Osorio e Alberto dos Reis (+23.661) e o cuarto para Daniel Remuiñán (+43.061).