Accidentada carreira da Copa de España para o Froiz en Xaén

Pontevedra
23 de abril 2024

Ángel Maneiro terminou no hospital tras sufrir unha dura caída durante a Clásica Ciudad de Torredonjimeno cando circulaba no grupo de aspirantes ao triunfo

Ángel Maneiro, ciclista do Froiz, nun hospital de Xaén Grupo Deportivo Supermercados Froiz

Superado o ecuador da competición, a Copa de España Elite e Sub-23 segue a deparar máis desgustos que alegrías esta tempada ao Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

De feito a sexta cita puntuable do calendario, a Clásica Ciudad de Torredonjimeno celebrada en Xaén, terminou cunha das principais bazas do equipo pontevedrés no hospital e cunha importante fractura ósea.

O dagnificado foi Ángel Maneiro, que xunto ao seu compañeiro Lucas Lopes circulaba no grupo dianteiro de 37 unidades que se ía a xogar o triunfo tras superar o corte no primeiro porto da xornada. 

Maneiro perdeu o control da súa bicicleta na baixa da segunda ascensión coa mala fortuna de que a caída lle provocou a rotura da cabeza do fémur. Tivo que ser evacuado a un centro hospitalario de Xaén no que foi intervido cirurxicamente.

Lucas Lopes pola súa banda fiunalizó a proba no posto 15 a 19 segundos do vencedor , Pablo Ara (Telco-On).