Adrián Camiño, sancionado economicamente polo Arosa por uns comentarios en redes sociais

O Salnés
06 de novembro 2015

O capitán arosista subiu o pasado sábado unha foto a Facebook con varios dos seus compañeiros na que dedicou un "me la chupáis" ao sector crítico da afección. A directiva acepta as desculpas do xogador pero imponlle un castigo económico e aclara que estas declaracións "para nada representan os valores deste club"  

Adrián Camiño, no partido entre CD Barco e Arosa SC en Calabagueiros
Adrián Camiño, no partido entre CD Barco e Arosa SC en Calabagueiros

O Arousa decidiu impoñer unha multa económica ao seu capitán, Adrián Camiño, tras un desafortunado episodio nas redes sociais.

O xogador, tras o triunfo do seu equipo o pasado sábado, subiu a Facebook unha foto con varios compañeiros na que dedicou un explícito "me la chupáis" ao sector crítico da afección vilagarciá "que nos silbáis y criticáis".

Aínda que pouco depués borrou o comentario, o rebumbio que se xerou foi importante, o que levou á directiva do club para reunirse para valorar como actuar.

Tras este encontro, ao que acudiu o propio Adrián Camiño, a comisión deportiva aceptou as desculpas do futbolista, ao que decidiu impoñer unha multa tras aclarar que "ditas opinións para nada representan os valores deste club".

O Arosa, á súa vez, traslada as desculpas aos seus afeccionados e pídelles "o máximo apoio tanto para o primeiro equipo como para o proxecto global do club" tentando deixar atrás este desagradable episodio.