A localidade francesa de Megeve acolleu a pasada fin de semana o Campionato de Europa de Baile Deportivo na modalidade de 10 Bailes.
Alí estaban representando a España a parella pontevedresa composta por Patricia Martínez e Adrián Esperón, vixentes campións nacionais.
Un total de 31 parellas participaron nunha igualada competición na que Esperón e Martínez finalizaron na décimo cuarta praza.
Os gañadores foron os eslovenos Miha Vodicar e Nadiya Bychkova.