Antía Chamosa, quinta no Nacional de marcha e mínima para o Europeo de Roma

Pontevedra
25 de febreiro 2024

A atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra competiu na carreira dos 20 quilómetros, onde demostrou o seu gran estado de forma logrando un quinto posto cun crono de 1.31:41 segundos, tempo que lle outorga a mínima da Federación Española para competir na capital italiana

Salida da carreira de 20 quilómetros marcha en Zaragoza Real Federación Española de Atletismo

Día especial para Antía Chamosa no Campionato de España de marcha celebrado este domingo en Zaragoza, unha cita decisiva para a clasificación dos atletas españois para os Xogos Olímpicos de París.

A proba adxudicou ademais unha praza directa para o Campionato de Europa que se celebrará en Roma entre o 7 e 12 de xuño.

A atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra competiu na carreira dos 20 quilómetros, onde demostrou o seu gran estado de forma logrando un quinto posto cun crono de 1.31:41 segundos, tempo que lle outorga a mínima da Federación Española para competir na capital italiana.

Por diante da pontevedresa quedaron Cristina Montesinos, Laura García-Caro e Raquel González, que lograron a mínimo olímpica para os Xogos Olímpicos. A primeira cun tempo de 1.28:42, a segundo de 1.29:02 e a terceira de 1.29:06. O cuarto posto foi para Paula Juárez (1.29:51).

O seu irmán Dani Chamosa e atleta da Sociedad Gimnástica tamén realizou un gran papel na carreira masculina de 20 quilómetros marcha, cruzando a liña de meta en undécima posición cun crono de 1.23:57.