Antía García consegue tres medallas, unha de ouro, no Campionato de Europa de Salvamento

Umia
16 de setembro 2021

A deportista do Club Acuático Umia foi unha das grandes figuras do Europeo celebrado estes días en Castelló, logrando ademais dous novos récord de España

Antía García, no Campionato de Europa de Salvamento de Castelló
Antía García, no Campionato de Europa de Salvamento de Castelló / Real Federación Española de Salvamento y Socorrismo

O Campionato de Europa de Salvamento que se está celebrando estes días en Castellón ten en Antía García a unha das súas figuras.

A deportista caldense do Club Acuático Umia puxo este mércores un broche de ouro á súa actuación individual cunha medalla de ouro na proba de 100 metros remolque maniquí con aletas, na que ademais estableceu un novo récord de España cun tempo de 51.34.

A tamén campioa mundial suma así un novo título ao seu xa gran palmarés, na que era o seu terceiro podio no Europeo.

Previamente Antía conseguira a medalla de prata na proba de 100 metros socorrista e tamén un bronce nos 50 metros remolque de maniquí. Nesta última distancia bateu ademais por dúas veces o récord nacional establecendo a nova marca en 34.23 segundos.

Grandes resultados para a capitá do Club Acuático Umia na que supne a primeira gran competición internacional de salvamento trala pandemia.