Antía Pérez, do Poio Pescamar, preparada para volver á cancha tras a súa operación de xeonllo

Poio
23 de maio 2020

Boas noticias para o Poio Pescamar, que recupera a Antía Pérez coa vista posta na próxima tempada. A xogadora vermella, que sufriu unha rotura de ligamento cruzado no seu xeonllo dereito e foi operada con éxito no mes de novembro, xa está preparada para volver á cancha

Antía Pérez no primeiro partido da Copa Galicia entre O Fisgón e o Poio Pescamar
Antía Pérez no primeiro partido da Copa Galicia entre O Fisgón e o Poio Pescamar / Diego Torrado

Boas noticias para o Poio Pescamar, que recupera a Antía Pérez coa vista posta na próxima tempada.

A xogadora vermella, que sufriu unha rotura de ligamento cruzado no seu xeonllo dereito e foi operada con éxito no mes de novembro, xa está preparada para volver á cancha. Así o anunciou a xogadora a través da súa conta de Twitter: 

Antía, que fora operada dunha lesión de igual gravidade pero na súa outra perna a anterior campaña, xa ten o alta despois de "pasar estos dos mal tragos".

Desta maneira, a futbolista ourensá xa está preparada para competir por terceira tempada consecutiva no conxunto conserveiro "después de estar dos temporadas sin poder disfrutar de mi pasión".

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora