Ao Mace Sport de taekwondo vaille o negro

Pontevedra
21 de agosto 2017

Nove deportistas do club pontevedrés sometéronse aos exames pertinentes para subir de nivel, conseguindo en varios casos a máxima catalogación, a de cinto negro

Deportistas do Mace Sport que pasaron o exames para subir de nivel Mace Sport

Ata nove deportistas do Club Mace Sport de Taekwondo examináronse recientemenrte con éxito para subir de nivel.

Nalgúns dos casos os taekwondistas pontevedreses adquiriron o máximo recoñecemento, o cinto negro, que xa poderán lucir nas súas próximas competicións.

Son os casos de Jairo Pérez, Diego González Pontevedra e Héctor Canabal.

Ademais Andrea González, Diego González García, Daniel Gutiérrez, Carlos Novo e Eduardo Rejo ascenderon á categoría de cinto vermello/negro.

Un impulso máis para un club que se converteu por méritos propios nunha referencia a nivel galego e nacional no seu deporte.