Arantxa Mallou pecha, de momento, a súa etapa no Arxil para centrarse en aprobar o MIR

Pontevedra
06 de xuño 2019

A compostelá deixa o club pontevedrés tras dúas tempadas e medio para centrarse no seu futuro profesional lonxe das canchas de xogo. O Arxil apoia a súa decisión e deixa a porta aberta para a súa volta para partir do mes de febreiro

Arantxa Mallou despídese do Arxil
Arantxa Mallou despídese do Arxil / Nacho Fuentes

O Club Baloncesto Arxil perde a unha xogadora que fora clave no equipo durante as últimas dúas tempadas e medio, Arantxa Mallou.

A xogadora compostelá aparca momentaneamente a súa carreira deportiva para afrontar outro reto centrado na súa vida profesional lonxe das canchas de xogo, o da medicina, xa que Mallou dedicarase durante os próximos meses a preparar de forma intensiva o exame de especialidades médicas (MIR) en Oviedo.

"Para mí no es un adiós al baloncesto, pero quiero luchar por otro sueño igual que lucho por el del baloncesto", explicou a base-escolta compostelá na súa despedida do Arxil, comparecendo xunto á súa adestradora, Mayte Méndez, desde a Parrillada Servando.

"Han sido unos años imprescindibles en mi carrera profesional", sinalou en referencia ao seu paso polo Arxil, club ao que se adaptou á perfección.

"Le deseamos toda la suerte del mundo", asegurou á súa vez Mayte Méndez, quen cre que "vamos a presicindir de mucho más que una jugadora. No es sólo lo que aporta, es lo que da, tanto su labor dentro del equipo como lo que proporciona a las compañeras es muy difícil conseguir hoy en día", recoñeceu a adestradora.

Con todo, no Arxil quixeron deixar a porta aberta ao seu regreso se se dan as condicións. "Ya le hemos dicho medio en broma que en febrero contamos con ella", avanzou Méndez.

Coa marcha de Arantxa Mallou e a anunciada recentemente de Gala Mestres, a renovación á que deberá someterse o conxunto verde será máis profunda do desexado, sobre todo no que respecta a a base de xogadoras nacionais, ao que hai que sumar o adeus das dúas xogadoras foráneas que concluíron a tempada na Liga Feminina 2, Chantelle Pressley e Cassandra Oursler.