A planificación do Arosa para o seu regreso a Segunda RFEF avanza aos poucos pero con paso firme, empezando por asegurar a continuidade da columna vertebral do equipo.
Así chegaron as renovacións do gardameta Chema, o centrocapista Antón Concheiro e o central Samu Santos, ás que seguiu un peso pesado do vestiario arlequinado.
Trátase de Carlos Torrado, futbolista que seguirá unha campaña máis na Lomba.
O lateral vilanovés cumprirá desta forma a súa novena tempada no equipo, a terceira consecutiva tras a súa volta no ano 2024.
Para el quedar na que considera a súa casa "supón un plus, que mellor que iso".
De feito con máis 100 partidos ás súas costas coa camiseta do Arosa, é xa un dos seus capitáns.
O último curso resultou decisivo no ascenso do equipo con 32 partidos xogados (27 deles como titular) e dous goles.